domingo, 8 de febrero de 2015

A CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN PRESENTA NO CGAC O LIBRO- OBXECTO MI QUERIDA BABEL


·       


Este domingo ás 18.00 h preséntase no auditorio do CGAC ‘Mi querida Babel’ do autor Juan Pablo Silvestre e dos premios nacionais en ilustración e en deseño Ana Juan e Óscar Mariné

·       O evento será presentado polo músico Julián Hernández e contará coa actuación especial do grupo vocal Faltriqueira


L.M.A.


A consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mostra este domingo 8 de febreiro ás 18.00 h no CGAC o libro ‘Mi querida Babel’ do artista, cantante e compositor Juan Pablo Silvestre. A obra conta cos traballos de Ana Juan, Premio Nacional de Ilustración 2010 e de Óscar Mariné, Premio Nacional de Deseño do mesmo ano. 

Julián Hernández, músico, escritor e líder de ‘Siniestro Total’ falará desta peza ao público nun acto que contará ademais coa presenza do grupo vocal feminino ‘Faltriqueira’. A formación- que ten as súas fontes na música tradicional- é un dos expoñentes actuais da música galega. Durante o evento os asitentes poderán desfrutar dunha selección do seu repertorio musical.

‘La mano cornutta’ edita e produce este libro- obxecto a partires da canción ‘Mi querida Babel’ de Juan Pablo Silvestre. Un himno que creou coa colaboración de Eliseo Parra e que rematou converténdose na sintonía do programa de Radio Nacional de España-Radio 3 ‘Mundo Babel’ que el mesmo dirixe. As ilustracións de Ana Juan puxeron rostro de muller aos nomes de Babel e Oscar Mariné encargouse do concepto gráfico deste artefacto despregable para ver, tocar, e escoitar.
O libro contén un cd con algunhas das 80 versións que autores de diferentes xéneros e estilos musicais como Bebo Valdés, Paco Ortega ou o grupo ‘Om Off’ fixeron desta peza. O seu contido é un canto aos nomes de muller a través de todas as culturas do mundo e unha homenaxe  s﷽﷽﷽﷽﷽﷽﷽﷽versieza feminina. lin o futuro do libro na era dixital reivindicando o gusto polo papel e os modos de lectura non liná diversidade e á riqueza da beleza feminina. É unha obra que busca dar resposta aos retos da lectura e ao futuro do libro na era dixital reivindicando o gusto polo papel e a lectura non lineal. Os nomes forman o texto dunha canción de búsqueda espiritual baseado na repetición e na estructura circular, un mantra enunciado desde una perspectiva laica e contemporánea.

A obra está acompañada dun breviario que explica o significado cultural e etimolóxico de todos os nomes que se citan.

No hay comentarios: