Este domingo ás 18.00 h preséntase
no auditorio do CGAC ‘Mi querida Babel’ do autor Juan Pablo Silvestre e dos
premios nacionais en ilustración e en deseño Ana Juan e Óscar Mariné
·
O evento será presentado
polo músico Julián Hernández e contará coa actuación especial do grupo vocal
Faltriqueira
L.M.A.
A consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mostra este domingo 8 de febreiro
ás 18.00 h no CGAC o libro ‘Mi querida Babel’ do artista, cantante e compositor
Juan Pablo Silvestre. A obra conta cos traballos de Ana Juan, Premio Nacional de
Ilustración 2010 e de Óscar Mariné, Premio Nacional de Deseño do mesmo
ano.
Julián Hernández,
músico, escritor e líder de ‘Siniestro Total’ falará desta peza ao público nun
acto que contará ademais coa presenza do grupo vocal feminino ‘Faltriqueira’. A
formación- que ten as súas fontes na música tradicional- é un dos expoñentes
actuais da música galega. Durante o evento os asitentes poderán desfrutar dunha
selección do seu repertorio musical.
‘La mano cornutta’ edita e
produce este libro- obxecto a partires da canción ‘Mi querida Babel’ de Juan
Pablo Silvestre. Un himno que creou coa colaboración de Eliseo Parra e que rematou
converténdose na sintonía do programa de Radio Nacional de España-Radio 3 ‘Mundo Babel’ que el mesmo dirixe. As ilustracións de Ana Juan puxeron rostro de muller aos nomes de Babel e Oscar Mariné
encargouse do concepto
gráfico deste artefacto despregable para ver, tocar, e escoitar.
O libro contén un cd con algunhas
das 80 versións que autores de diferentes xéneros e estilos musicais como Bebo Valdés, Paco Ortega ou o grupo ‘Om Off’ fixeron desta peza. O
seu contido é un canto aos nomes de muller a través de todas as culturas do
mundo e unha homenaxe á diversidade e á riqueza da beleza feminina. É unha obra que busca dar resposta
aos retos da lectura e ao futuro do libro na era dixital reivindicando o gusto
polo papel e a lectura non lineal. Os nomes forman o texto dunha canción de
búsqueda espiritual baseado na repetición
e na estructura circular, un
mantra enunciado desde una perspectiva laica
e contemporánea.
A obra está acompañada dun
breviario que explica o significado cultural e
etimolóxico de todos os nomes que se citan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario